Skip to main content
Actualidade

O Esteo FS e o CD As Pontes fiman un convenio de colaboración para poder chegar a unha fusión

Por 29 Xullo, 2020Sin comentarios

Os clubs deportivos, Esteo FS e CD As Pontes asinaron onte, no salón de plenos do Concello das Pontes, un convenio de colaboración, no ámbito deportivo, social económico, a partir da tempada 2020-2021.

Os dous clubes traballarán un proxecto de futuro co obxectivo de que os grandes beneficiarios sexan os nenos e as familias tanto da vila como de toda a comarca.

Con este primeiro paso, ambos clubs traballarán conxuntamente, para que, a curto prazo, se as persoas socias e ambos clubs o aprobasen, se poidese chegar a unha fusión definitiva para crear un gran club pontés.

Desde o Concello das Pontes, o concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e o concelleiro de de Urbanismo e Coordinación do Goberno, Antonio Alonso, destacan a importancia deste convenio de colaboración entre os dous clubs deportivos do municipio que contan con máis integrantes, apostando, desde unha absoluta xenerosidade, por aunar esforzos e poñer todo o que teñen en común para aproveitar sinerxias como, desde fai moito anos, se ven facendo noutros ámbitos con tan bos resultados.