Skip to main content
Cultura LUGOXALugo

‘O fin do Camiño’ chega á Fonsagrada

Por 14 Abril, 2021Sin comentarios

A igrexa de Santa María acolle a exposición

A igrexa de Santa María da Fonsagrada acolle a exposición itinerante ‘O fin do Camiño’, organizada polo colectivo Egeria e que conta coa colaboración do programa ‘O teu Xacobeo’.

A mostra recompila fotografías de Eduardo Ochoa e Carlos Puga quenes, a través desas imaxes, “reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que se destacan os detalles máis sobranceiros“.

Cada un dos dez paneis dobres que compoñen a mostra inclúen ademais breves glosas á ruta xacobea de Urbano Lugrís, Dante, Frei Luis de León, Tirso, Machado ou Cunqueiro, entre outros.

Os textos están redactados en galego, castelán e inglés, e abordan o tema do ‘fin do camiño’ como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino a emprender este camiño milenario.

En palabras do presidente do colectivo Egeria, Xulio Xiz, esta é “unha exposición pensada nos peregrinos e para os peregrinos, unha visión desde fóra do fenómeno da peregrinación e de cal é o fin e o motor que move aos peregrinos desde fai máis de mil anos a camiñar a Compostela”

A mostra, que agora se pode ver na Fonsagrada, chega á localidade no percorrido que durante este ano está a facer polos concellos polos que discorren os Camiños de Inverno, Primitivo, Norte e Vía Kunig. Poderá visitarse na igrexa de Santa María ata o vindeiro luns día 19, en horario de 16.30 a 19.30 horas, agás o domingo que permanecerá pechada.