Skip to main content
Monforte

Ocio seguro nunha excusión para persoas maiores na Ribeira Sacra

Por 27 Xullo, 2021Sin comentarios

Os usuarios da residencia da terceira idade de Monforte de Lemos realizaron no día de hoxe unha excursión polos distintos recunchos de Lugo. Alí, púxose en valor a necesidade de levar a cabo estas actividades que permiten aos maiores volver saír ás rúas para poder practicar ocio seguro e saudable de xeito cotiá.

Os usuarios desta residencia visitaron a bodega Regina Viarum, onde puideron percorrer as instalacións e observar o proceso de traballo rutineiro que se leva a cabo nunha bodega.

Continuaron a excursión asomándose ao miradoiro do Duque, o único que ten Monforte de Lemos sobre o Canón do Sil, cunhas vistas nas que se pode divisar os viñedos de Amandi, o embarcadoiro de Doade e alén do río Castro Caldelas e A Teixeira. Ademais, os residentes realizaron unha ruta no tren turístico que os achegou aos diferentes puntos da Ribeira Sacra e que percorreu as empinadas ladeiras da zona, unha actividade coa que os maiores desfrutaron especialmente da natureza e das paisaxes que ofrece Galicia.

Excursión á bodega Regina Viarum.