Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Os Valuros abren as inscricións para as súas clases de música e baile tradicional

Por 25 Setembro, 2023Sin comentarios

O colectivo cultural Valuros de Castro de Rei abren as inscricións para as súas clases de iniciación á música e ao baile tradicional. Serán todos os xoves e haberá clases de iniciación á música de ata nenos de 5 anos ás 16.30 horas, de inicación á música para nenos de ata 7 anos ás 17.15 horas e de iniciación á música para os nenos de máis de oito anos ás 18.00 horas. Tamén haberá clases de iniciación ao baile para os nenos de a partir dos oito anos ás 18.00 horas.

Todo aquel que queira inscribirse deberá chamar ao teléfono 646 475 639 antes de que remate o mes de setembro.

A primeira clase será totalmente gratis.