A Escola da Conchada dos Vilares, en Guitiriz, acollerá unha festa de Magosto este sábado, 29 de outubro, que terá lugar a partir das 19.00 horas.
Na sesión, a ademais de castañas, haberá liscos, todo isto amenizado pola actuación dos Trapeiros dos Vilares. Tamén haberá unha nova sesión do Bingo dos Vilares con grandes premios.