Skip to main content
Ribadeo

Ouro e bronce no Campionato de España Máster para o club Altrúan de Ribadeo

Por 23 Setembro, 2021Sin comentarios

Os irmáns Antonio e Vicente Acuña, dous piragüistas veteranos de Lugo que compiten con club Altruán, veñen de conseguir as medallas de ouro e bronce no Campionato de España Máster de Sprint en 50 K2 200 e 1000 metros, celebrado en Verducido.

Dende o Concello quixeron recoñecer o “seu esforzo fortaleza física que amosan nestas categorías seniors e o esforzo que significa chegar a estas cotas tan altas, medallas de ouro e de bronce de Campionatos de España, que é un mérito para vos e tamén para o club que vos ampara aquí en Ribadeo, e sodes un exemplo a seguir para toda esta xente nova que está empezando con este deporte, que é minoritario, pero que temos vocación para que vaia saíndo desa minoría”. 

Tamén engadiron que están a traballar coa directiva do club Altruán para poder mellorar as instalacións na praia dos Bloques para que, entre outras cousas, os deportistas non se teñan que seguir duchando en auga fría, algo que creo que xa ningún deporte en Ribadeo o ten. “Ata hai pouco así estaban os de remo, agora xa están moito mellor afortunadamente, pero temos unha débeda pendente co mundo do piragüismo e imos satisfacela o máis axiña posible con ou sen axuda externa que espero que a haxa tamén, pero imos levala adiante o máis breve posible”.

O piragüista Vicente Acuña dixo “quero dar as grazas ao Concello de Ribadeo e ao club Altruán por acollernos deportivamente, e estamos encantados de levar o nome do pobo de Ribadeo por toda España”.