Skip to main content
Begonte

Pais de Baamonde encadeáronse este domingo ao colexio

Por 22 Marzo, 2021Marzo 24th, 2021Sin comentarios

As protestas no Ceip de Baamonde polo plan municipal de reunificar os dous centros en Begonte para ocupar o de Baamonde coa escola de música continúan adiante.

Precisamente, este domingo, un grupo de familias do centro, acompañados de veciños da localidade mobilizouse de novo  encadeándose de forma simbólica á entrada das instalacións, para visibilizar a súa intención de pelexar ata o final para evitar que o próximo curso o centro peche.

Os manifestantes aseguraron que as familias dos 30 escolares —15 de Baamonde e outros tantos da parroquia guitiricense de Pígara—
están á expectativa de ver que ocorre unha vez que se peche o prazo de reserva de matrícula nos centros educativos xa que, segundo avanzaron, a maioría cambiaranse para os colexios de Parga e Guitiriz se o de Baamonde finalmente acaba pechando.

Desde a Anpa poñen en dúbida que se chegue a executar o proxecto de habilitar un conservatorio de música e un auditorio nas instalacións do Ceip de Baamonde, xa que, segundo din, “terían que contar co financiamento doutras administracións”.

Lembra tamén que non hai necesidade de pechar o colexio “cando ambas actividades non son incompatibles”.