Skip to main content
Palas de Rei

Palas abre o procedemento de creación dunha bolsa de emprego para o SAF

Por 9 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei vén de facer públicas as normas para a creación dunha bolsa de emprego para cubrir postos do servizo de axuda no fogar (SAF) como persoal laboral temporal.

O Goberno local lembra que aínda que pasen a formar parte da bolsa, non se poderá asinar contrato con aquelas persoas que xa estiveran traballando como persoal laboral do concello de Palas de Rei.

A duración máxima do contrato eventual por circunstancias da producción será de 6 meses dentro de un periodo de 12 meses. En caso de que non chegaran a ese máximo, poderá asinarse contrato polo tempo que reste ata esa duración máxima. O contrato terá un período de proba de dous meses.

Todos os aspirantes que desexen entrar a formar parte da bolsa para traballo temporal, deberán presentar solicitude no modelo oficial publicado no Boletín da Provincia, e que se lles facilitará nas dependencias municipais e na sede electrónica do Concello de Palas de Rei.

As solicitudes presentaránse no Rexistro Xeral do concello ou na sede electrónica municipal, así como en calquera rexistro oficial. As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica, e se fagan a través doutros medios deberán comunicalo, dentro do prazo, mediante correo a info@concellopalas.org, remitindo copia anexa da solicitude presentada.

Cando resulte necesario cubrir unha das prazas de forma temporal, avisarase aos integrantes da lista correspondente polo orde que figuren nela. Este aviso faráse de forma individualizada para cada candidato a través de teléfono móvil ou correo electrónico.