Skip to main content
Sarria

Papá Noel chega a Sarria este sábado 23 cun desfile que percorrerá as rúas da vila

Por 18 Decembro, 2023Decembro 19th, 2023Sin comentarios

O Club Clásicos de Sarria organiza un Desfile de Papá Noel o vindeiro 23 de decembro a partir das 18.00 horas, así como a visita de Papá Noel na súa casa (na praza da Vila) de 16.00 a 19.00 horas o 24 de decembro.

Así, na primeira actividade, o vehículo de Papá Noel percorrerá as rúas da vila sarriá, comezando na estación de tren e rematando na praza da Vila, onde recollerá xoguetes de forma solidaria.

Unha das novidades deste ano é que na rúa Liberdade entre o cruce da Avenida Portomarín co cruce da rúa Pedro Saco, o vehículo de Papá Noel baixará o volume da música ata un son moderado en atención ás persoas con hipersensibilidade acústica.

Con respecto ao día 24, Papá Noel estará na casiña instalada na praza da Vila para recibir a todos os nenos e nenas da vila que quieran pedirlle os seus desexos e agasallos para recibir o día 25.