Skip to main content
Lugo

Paradai organiza este venres un Entroido de contos, con obradoiros de música e baile

Por 16 Febreiro, 2024Sin comentarios

A asociación de veciños Barrio de Paradai organiza esta tarde un Entroido de conto no colexio a partir das 17.00 horas. As actividades están dirixidas pola mestra Alba e destinadas a público infantil, abertas a todos os nenos e nenas interesados. Inclúen contacontos, obradoiros e música e baile. O número de teléfono para consultar dispoñibilidade e reservar praza é o 690 698 036.

A festa no CEIP de Paradai forma parte dun ciclo de contacontos impulsado polo Goberno galego xunto coas asociacións de veciños de diversas zonas de Lugo, que se desenvolveu durante os últimos meses en San Fiz, Montirón, A Milagrosa, Augas Férreas ou Recatelo, entre outros barrios.