Skip to main content
Guitiriz

Parga abre as súas patronais cunha homenaxe a Manuel María

Por 16 Agosto, 2022Agosto 22nd, 2022Sin comentarios

As Festas de San Ramón de Parga darán comezo este venres cunha homenaxe ao escritor Manuel María. Esta acción terá lugar o venres 19, as 18.00 horas, ao acarón da escola vella.

O obxectivo desta homenaxe, que se celebrará na zona dos Cobertizos., é conmemorar o 30 aniversario do pregón que leu Manuel María nestas mesmas festas.

Esta homenaxe está organizada polas asociacións de Parga e a fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Así, abrirase a exposición Manuel María. Beleza, amor e compromiso, que poderá verse de 11.30 a 13.30 horas os días 20, 21 e 22.

O sábado continuarán as celebracións coa tradicional sesión vermú con Jaque, que tamén estará na verbena xunto a Kalima 3.0. Durante á tarde está previsto tamén, ás 187.00 horas, o primeiro Trofeo de Petanca Vila de Parga.

O domingo continuará a celebración con pasacalles a cargo de Sons de Aldea, que darán paso á misa solemne, que terá lugar ás 13.45 horas na capela de San Roque.

Tania Veiras será a encargada de facer dobrete musical e pola noite estará xunto a Mekanika Rolling Band. Está prevista sesión pirotécnica ás 14.30 horas.

O luns tamén haberá festa coa sesión vermú a cargo das charangas Bicoia e Louband, que tamén fará un pasacalles ás 20.30 horas. Pola noite, a verbena tamén contará coa actuación de Louband xunto a Los Coleguitas.

A organización tamén instalará inchables nas instalacións do CIT que estarán abertos os catro días de 16.30 a 20.00 horas e sábado, domingo e luns tamén pola mañá de 11.30 a 14.00 horas. Ademais, o luns pola tarde os pequenos poderá desfrutar da festa da escuma.