Skip to main content
Lugo

Pedro Sánchez estará en Lugo este sábado para defender as propostas de Besteiro

Por 24 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acompañará ao candidato galego nun acto que se celebrará ás 11.00 horas no salón de actos da facultade de Veterinaria.

Lara Méndez, candidata por Lugo polo PSdeG-PSOE, avanzou esta mañá, antes da súa visita a Novafriga, que o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, estará en Lugo, este sábado, día 27, “para poñer en valor as propostas do noso candidato José Ramón Besteiro para a transformación de Galicia, para sacala da inanición na que se atopa inmersa desde que o PP Goberna a Xunta”.

Méndez destacou a oportunidade que se abre nestas eleccións para que goberne á Xunta un candidato e un partido como o socialista, un partido galeguista útil, que entende Galicia, con capacidade para dar solucións aos principais problemas da nosa comunidade da man dos seus sectores e da súa xente, moderno, con visión de presente e futuro, con capacidade de xestión contrastada como se ve nos concellos que gobernamos e con capacidade para acadar acordos”.

O presidente Pedro Sánchez acompañará en un mitin a Besteiro nun acto que se celebrará ás 11.00 horas no salón de actos da facultade de Veterinaria.