Skip to main content
Axenda Caducada

Películas e actividades na 28 semana internacional de cine en Chantada

Por 9 Agosto, 2021Agosto 13th, 2021Sin comentarios

Comeza a 28 semana internacional de cine de Chantada con proxeccións variadas para todos os gustos e públicos. Desta maneira, tamén haberá actividades paralelas nas que se poderá gozar dunhas xornadas diferentes, lúdicas e de lecer.

No día de hoxe, luns 9 de agosto, realizarase a presentación en exclusiva de Destino, co director Manuel Valcárcel. Dita presentación realizarase ás 22 horas e, seguidamente, ás 22.15 proxectarase o filme Voando Xuntos de Nicolas Vanier na praza do Cantón. Anteriormente, ás 19 horas, poderase ver no Cinema Palleiriso o filme O país sen indios, de Nicolás Soto e Leonardo Rodríguez.

O martes 10 na praza do Cantón proxectarase As aventuras do doutor Dolittle, unha comedia dirixida a un público familiar que trata sobre as aventuras dun veterinario que pode comunicarse cos animais. En canto ao mércores, no mesmo escenario, será o turno da mítica película de Woody Allen, Día de choiva en Nova Iorque.

Para finalizar, o xoves 12 de agosto ás 20.15, Quico Cadaval presenta o monólogo Cóntame un cine e, despois, a praza do Cantón acollerá o filme Mentres dure a guerra, de Amenabar.

Así mesmo, as xornadas tamén terán pasarrúas música de cine, algún picnic-café con Curtas, entre outras. Unha semana completa e chea de películas, historias e outras actividades relacionadas.