Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Pictogramas como os do museo provincial do Mar en Cervo axudan no autismo

Por 24 Outubro, 2019Sin comentarios

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, e a museóloga e investigadora, Carolina Casal, presentaron o proxecto Ti en min, eu en ti. Museo con todos‘, no marco da Xornada Cultura e Autismo, que se está a celebrar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela. Destacaron os pictogramas dos museos como o provincial do mar de Cervo na axuda que supoñen para os colectivos con autismo, entre outros.

O encontro, organizado pola Federación Autismo Galicia, reúne profesionais, axentes culturais e familias para debater fórmulas que promocionen o acceso á cultura das persoas con Transtornos do Espectro Autista (TEA). Ao longo da xornada, expuxéronse experiencias que promoven a inclusión e accesibilidade nos espazos públicos da cultura, como a que se ven desenvolvendo nos museos provinciais.

O proxecto colaborativo ‘Ti en min, eu en ti. Museo con todos’ , que comezou a desenvolverse en 2006,  logrou que as fachadas e guías dos museos, as salas e mesmo parte das coleccións fosen identificadas con pictogramas.

A iniciativa materializouse da man do tecido asociativo e das familias das persoas con TEA, que prestaron a axuda técnica para levala a cabo convertendo os catro museos provinciais – Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza de San Paio de Narla e Pazo de Tor-  en espazos pioneiros nesta materia.