Skip to main content
Lugo

Pinturas de Antonio Rivas Pol, formarán parte do Vello Cárcere

Por 13 Maio, 2022Maio 15th, 2022Sin comentarios

A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua inaugurou a mostra de pintura de Antonio Rivas Prol, que vén de unirse á proposta expositiva do Vello Cárcere. Maite Ferreiro destacou a mostra como “unha nova proposta para coñecer a obra deste pintor autodidacta, que atopa sempre na paisaxe un mundo inesgotable de aprendizaxe e inspiración”.

A mostra poderá visitarse no Vello Cárcere ata o vindeiro 12 de xullo, e consta dunha serie de paisaxes pintadas en acuarela, nas que destaca a riqueza cromática característica da obra de Antonio Rivas Prol.

Antonio Rivas Prol (A Pontenova, 1948), sentiu desde sempre a necesidade de expresarse por medio do debuxo e a pintura, área que impartía ós seus alumnos e na que se especializou por mor dunha maior formación, con cursos oficiais ou coa axuda de expertos en temas que consideraba importantes. Coñeceu ó acuarelista asturiano, Sellaño, a quen invita ás súas clases de plástica coa finalidade de avezar ó alumnado nesta técnica.

A partir disto, foise pasando gradualmente ó mundo da acuarela en exclusividade. Conversas, lecturas, visitas a exposicións e moito papel roto, son os métodos de traballo de Antonio Rivas, pintor autodidacta.