Skip to main content
Paradela

O Concello de Paradela anuncia o plan de renovación de vías

Por 9 Xullo, 2021Xullo 10th, 2021Sin comentarios

O Concello de Paradela ven de sacar un plan de rexeneración de vías municipais por un importe de máis de 400.000 euros. O plan de mobilidade sostible deuse a coñecer no consistorio onde se atopaba o alcalde José Manuel Mato, xunto co director do equipo redactor, Luciano Alfaya.

Así pois, realizouse un proxecto -coa implicación de partidos da corporación e da cidadanía- para establecer cales son as accións prioritarias para Paradela.

As actuacións en vías que finalmente se levarán a cabo son as seguintes: no acceso a Nai, no acceso a Acevedo, no acceso a Edrada, no acceso a Camporredondo, no acceso a Outeiro de Santa Cristina, no acceso a Vilachá de Castro de Rei, no acceso a Ferreiros, así coma a rexeneración do tramo do Camiño de Santiago Rozas a Moimentos e a mellora do firme no camiño do Coto.

O obxectivo do goberno local é mellorar as infraestructuras e servizos municipais co fin se mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. Así mesmo, os traballos entran dentro do plan único da Deputación, o plan marco e unha axuda de turismo para a mellora paisaxística no Camiño.

Por outro lado, a idea é rematar as obras en setembro xa que algunhas xa están contratadas e outras atópanse en proceso de licitación.