Skip to main content
Viveiro

Podemos anuncia a súa lista para as eleccións municipais en Viveiro, que estará encabezada por Roberto Yáñez

Por 23 Abril, 2023Sin comentarios

Podemos anuncia a súa lista lista para as eleccións municipais en Viveiro, que estará encabezada por Roberto Yáñez. No acto de presentación da candidatura, que se realizou este sábado, o candidato morado estivo arroupado polo líder autonómico do seu partido, Borja San Ramón.

Á presentación tamén acudiron a actual representante municipal de Son Viveiro María José Basanta, que non aspirará a reelección, así como  Orlando Expósito Mariño, dirixente histórico de EU no municipio. Este último tamén pechará a lista electoral, demostrando o seu apoio o proxecto político liderado por Yáñez. Ademais, no segundo posto da candidatura tamén estará Carlos Alberto Gueimunde, ex-concelleiro do PSdeG.

Fontes do partido se mostraron “moi satisfeitas” pola “ampla presencia de de líderes das distintas sensibilidades do progresismo e da esquerda no noso concello”.

1. Roberto Vicente Yáñez Frieiro
2. Carlos Alberto Gueimunde Cabaleiro
3. María Isabel Vázquez Pérez
4. Noelia Herrera Bruzos
5. Jesús Teodoro Fernández Dovale
6. María José López García
7. José Manuel Vázquez Requeijo
8. Enriqueta Gutiérrez Martínez
9. Orencio Orosa García
10. Jesús Antonio Cerrato García
11. Juan Carlos Herrera Reyes
12. Elena Insua López
13. Bruno Salgueiro Fanego
14. Myriam del Carmen Lira Kornfeld
15. Verónica Herrera Bruzos
16. Matilde Gutiérrez Martínez
17. Orlando Expósito Mariño