Skip to main content
ActualidadeMuras

Poxas e callos esta fin de semana en Muras

Por 6 Xuño, 2018Sin comentarios

O Concello de Muras celebra esta fin de  semana a súa tradicional Romería de San Antonio da Xestosa, con actividades o 9 e o 10 de xuño. O sábado haberá misa ás 12.30 horas con procesión seguida de sesión vermú coa orquestra Los Españoles e, pola noite, este mesmo grupo ,xunto cun dúo musical, ocuparanse da verbena.

O domingo, haberá oficio relixioso á mesma hora e sesión vermú coas Recanteiras do Luar, Verónica Cambón e Lara Rodríguez. Así mesmo, celebrase a II edición da Festa dos Callos, gratis para todos ata esgotar existencias. E pola tarde, baile.

Nesta romería, que se celebra ininterrompidamente dende hai un século, haberá poxas os dous días, sendo un dos poucos lugares de Galicia onde se conservan.