Skip to main content
Vilalba

Programada a rexeneración do acceso ao barrio de Abelaira, en Román

Por 20 Febreiro, 2024Febreiro 21st, 2024Sin comentarios

O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais do Concello de Vilalba, Modesto Renda, anunciou a renovación e mellora da vía que lle dá acceso ao barrio da Abelaira, na parroquia de Román.

O custo total desta nova actuación, que incluíu a pavimentación de varias interseccións, ascendeu aos 9.012 euros e o financiamento foi ó 100% municipal.

Esta é a primeira obra que o Concello acomete na parroquia dende o inicio da lexislatura e as previsións da área de Infraestruturas Rurais son darlle continuidade coa renovación e mellora do acceso ao veciño barrio da Bardela.