Skip to main content
Lugo

Prográmase en Lugo unha ruta con obradoiro de ioga pola Reserva da Biosfera Terras do Miño

Por 4 Abril, 2024Sin comentarios

A área de Xuventude e Deportes de Lugo organiza unha actividade de ioga en ruta. Trátase dunha proposta que invita a escoitar ao teu corazón a través dunha ruta de sendeirismo con obradoiro de ioga na natureza da Reserva da Biosfera Terras do Miño, a segunda máis grande da península Ibérica e a máis grande de Galicia.

Será o vindeiro 13 de abril e está dirixido á mocidade lucense de entres 14 e 35 anos. Os interesados xa poden realizar as súas inscricións a través de www.xuventudelugo.gal.