Skip to main content
Sarria

Proxecto Estreleira presenta un deseño renovado do escudo de Sarria

Os propulsores desta inciativa remarcan que “amar e defender o nacional pasa por amar e defender o local”.

Proxecto Estreleira divulga estes deseños para cada comarca co fin de manifestarse a “prol da simboloxía galega e en favor do coñecemento da xeografía próxima”. Toda esta idea que tratan de levar a cabo conta co aval de distintos especialistas, entre os que se atopa Héitor Picallo.

Dende Proxecto Estreleira explican que, en concreto, o brasón de Sarria vai definido pola Torre do Batallón, “derruída polos Irmandiños no século XV, despois reconstruída”. Os seis gules son os da Casa dos Castro, tan relevantes na nosa historia . A vieira fai referencia ao Xacobeo e ao rol da vila como “acolledora de peregrinos”. Neste senso, recordan que xusto en Sarria, peregrinando, finou o rei galego Afonso VIII.

As ondas pintadas son as do río Sarria, o cal no seu nacemento é chamado río Oribio; “O Sarria alimenta as aguas do Neira, e este as do Miño”, aclaran. Ademais de poñer en valor que o curso fluvial é un punto clave “na riqueza do val agrogadeiro onde asenta a capital da bisbarra”.