Skip to main content
Lugo

Queixas de Lugo Monumental e Partido Popular pola limpeza tralos botellóns

Por 10 Setembro, 2021Sin comentarios

Representantes da asociación Lugo Monumental e do Grupo Municipal do Partido Popular expresaron o seu malestar polo estado no que quedou o centro histórico trala celebracións dos botellóns do xoves pola noite.

O PP lamenta que “non se previse un dispositivo de limpeza especial para recoller o lixo xerado no botellón que tivo lugar no atrio da Catedral así como nas rúas das súas inmediacións.

“Esta mañá os peregrinos que atravesaban esta zona atopábanse cunha imaxe moi degradante do Camiño e da Catedral. Bolsas de plástico, cristais rotos, vasos e botellas sementaban o chan …” apuntando que “esta imaxe faille unha publicidade moi negativa á nosa cidade”.

Desde o PP censuran os comportamentos incívicos dalgúns individuos pero tamén recriminan “a falta de implicación, por parte da alcaldesa, na organización do dispositivo de limpeza así como a falta de previsión para evitar os botellóns xa que a pesar de que agora hai un persoal maior de axentes non parece haber ordes claras para atallar estas concentracións”.

CONTESTACIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO

O dispositivo de limpeza do día de hoxe atopouse unha cantidade inxente de sucidade nesta zona, que obrigou a reforzar o servizo para poder deixar as rúas en perfectas condicións. De feito, recollérense dúas toneladas de lixo a maiores do habitual, concretamente 2.300 quilos respecto aos 40 ou 50 quilos que se recollen habitualmente nesa zona, é dicir, un incremento dun 4.500 %. A área quedou limpa antes do mediodía.

Ademais, o concelleiro quere aclarar que coa presión da vixilancia da Policía Local nos sitios habituais do botellóns, como poden ser o Parque Rosalía, As Gándaras ou o Campus, estes soen ir cambiando de zonas. Por iso, o Concello activa dispositivos de limpeza de botellón nos sitios onde se soen producir na cidade, pero, como calquera outro municipio, non pode programar dispositivos especiais na totalidade do municipio. Estes dispositivo especiais de limpeza, que actúan de maneira coordinada, traballan para poder acondicionar o lugar o máis axiña posible.

Con todo, Fernández destacou que “a loita contra o botellón ten diversas frontes, en primeiro lugar os problemas de convivencia que xera coa veciñanza así como o estado no que acaban as rúas cheas de residuos e lixo”. “Debemos reflexionar sobre o impacto que ten esta práctica nos recursos públicos e fomentar actitudes cívicas que sexan compatibles co lecer, o descanso e manter as rúas limpas”, apuntou.