Skip to main content
AlfozLugo

Rajoy apela en Lugo ao voto contra “un Goberno Frankestein que estamos sufrindo todos os españois”

Por 16 Febreiro, 2024Sin comentarios

O presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quixeron arroupar á candidatura que encabeza Elena Candia en varios actos na provincia de Lugo.  Na cidade fixo, de forma simbólica, un tramo da do Camiño Primitivo en Fontiñas.

Tal e como sinalaron, o Goberno de Rueda axudou na promoción e tamén na mellora da seguridade en varios puntos deste Patrimonio Mundial de Lugo. Entre eles, e grazas á solicitude da Asociación de Amigos do Camiño á Xunta de Galicia fixo unha senda peonil de 1,3 quilómetro na Estrada LU-530 entre Carballido e Manzoi garantido unha ruta segura para os peregrinos. Antes carecían dunha zona específica para camiñar e tiñan que facelo polo arcén na marxe dereita da estrada, ademais de cruzar a calzada en dúas ocasións.

O ex presidente do Goberno agradeceu en Alfoz o apoio a Partido Popular: “Somos un gran partido. O mellor de España. O que gañou as elección xerais e goberna na maioría das comunidades autónomas e concellos. E isto é porque temos unha militancia comprometida e non se rende nunca”. Tamén subliñou que o PP non ten “o goberno da Deputación por 300 votos nas municipais de maio do 2023 e no Concello de Lugo, tres cuartos do mesmo e por iso Elena non foi alcaldesa”.

Votar contra un “Goberno Frankenstein”

En canto ás xerais, recordou que gañaron cunha vantaxe “considerable, pero faltábannos catro e non gobernamos. Isto fai que hoxe teñamos o Goberno Frankestein que estamos sufrindo todos os españois”. Como exemplo tamén puxo os resultados en Vilalba “nas últimas municipais non ten a alcaldía por 13 votos. Isto é o que non pode pasar e non debe suceder nestas eleccións”. Por iso, é fundamental que “non se perda ni un solo voto. Porque sabemos cales son as consecuencias. Se non perdemos un só voto, seguiremos tendo un gran presidente, unha persoa sensata, tranquila e con experiencia sobrada e que sabe do que fala”.  Apelou a votar porque “Galicia non se merece catro anos dun Goberno Frankenstein como o que estamos sufrindo todos os españois. Aquí está o PP ou o Goberno Frankenstein”, concluíu.

Pola súa parte, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou que Alfonso Rueda é o único candidato “que vai poder comezar a traballar ao día seguinte das eleccións na execución das 872 medidas que integran o seu programa electoral”. En concreto, puxo de manifesto as diferenzas existentes entre BNG e PSdeG, como o concerto económico que defenden os nacionalistas, rexeitado por insignes representantes socialistas e a práctica totalidade dos expertos cando advirten sobre os efectos nocivos desta medida, que suporía máis de 1.000 millóns de euros menos anuais para Galicia.

Tamén falou sobre a implantación da reforma laboral aprobada polo Goberno de Pedro Sánchez, que o BNG votou en contra; a posta en marcha da tarifa eléctrica galega; ou o freo aos proxectos eólicos, en contra da barra libre que defenden os socialistas.

Aposta pola educación e a sanidade

A presidenta e cabeza de lista do PP pola provincia ao Parlamento galego, Elena Candia, subliñou durante a súa intervención en Alfoz que: “Faltan moi poucos días para elixir quen vai dirixir Galicia nos próximos catro anos. Estamos nun momento histórico. Galicia sempre foi moi intelixente cando tivo que votar”. Incidiu en que os galegos sempre apostaron “por valores coma os aprendidos nas nosas casas de non gastar o que un non ten ou apostando por servizos públicos coma a educación ou a sanidade. Isto sabémolo ben na Mariña onde dicían que ía pechar o hospital e hoxe ten máis e mellores servizos”.

E falou do papel do BNG na Mariña. “Queremos dicirlle ao resto da provincia que o BNG, que pretende gobernar en Galicia, sempre que o fai, faino mal. Tanto Dani Vega en Ribadeo coma min e os meus compañeiros en Mondoñedo fomos quen de sacalos do goberno. É posible”, apuntou.