Skip to main content
Sarria

Recital do poemario ‘Soñando en verbo amar’ en Sarria

Por 21 Xullo, 2022Xullo 22nd, 2022Sin comentarios

O municipio de Sarria acolle mañá venres 22 ás 20.00 horas a presentación do poemario ‘Soñando en verbo amar’ do autor toledano Primitivo Oliva Fernández.

Neste recital de presentación do poemario, Primitivo contará coa colaboración da escritora Sonia Árias López.

SOBRE O AUTOR

Primitivo Oliva Fernández, naceu en Robledo del Mazo (Toledo) pero actualmente reside en Móstoles. O seu afecto pola poesía exténdese dende que era pequeno pero a súa obra escrita comezou a desenvolverse relativamente de xeito tardío para a súa idade.

É membro da Asociación Española de Amigos da Poesía, de Versos pintados del Café Gijón e da Unión Nacional de Escritores de España. Ten publicados seis poemarios entre os que se atopan Versos al aire, Surcos de tierra y piel, Ojos que no sonríen, El pescador de sueños, Las sombras del camino e Con la brisa del norte, con varios tomos en preparación para ser editados.