Skip to main content
Sarria

Recta final para a apertura da pasarela metálica da Ponte Ribeira de Sarria

Por 13 Abril, 2022Sin comentarios

Probisa, a empresa adxudicataria da instalación da pasarela metálica provisional da Ponte Ribeira de Sarria, instalou as varandas o pasado venres, desta forma achégase á recta final da súa apertura.

A instalación desta ponte metálica comezou a principios de ano, e prevíase que estivera lista para febreiro, coa colocación das varandas, tan só quedaría pendente o asfaltado, o pintado e a instalación dun semáforo e as luminarias.

Con esta nova infraestrutura poderá reabrirse o viaduto tras máis de sete anos cortado tanto para os peóns como para os vehículos. O custe desta pasarela ascende a 109.810 euros máis 17.375 que irán destinados ao acondicionamento da contorna. O financiamento corre a cargo dunha axuda de 150.000 euros da Deputación de Lugo.

Esta pasarela será de carácter provisional mentres se rehabilita a Ponte Ribeira, un paso que forma parte das 10 pontes francas que se atopan no Camiño Francés, desde Roncesvalles a Santiago. É unha infraestrutura que forma parte tamén do arraigamento dos sarriáns e dos galegos en xeral, dende hai séculos, ao tránsito de peregrinos pola xeografía da vila ata completar o Camiño.