Skip to main content
As Pontes

Representación teatral da Compañía Humana este venres nas Pontes

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

O venres terá lugar a representación da obra Iphixenia, da Compañía Humana. Esta terá lugar no auditorio Cine Alovi, ás 20.30 horas.

Iphixenia, unha “nini” de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas de súa Vila. Unha noite coñlece a un home distinto aos demais y comeza a sentir una sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará a protagonista a sufrir unha grande perda.

Unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play. Estreada xa en varios países cun éxito rotundo. Agora chega por primeira vez a Galicia e en galego este emocionante e necesario monólogo que fala das consecuencias dos recortes sociais a través da vida da súa protagonista de clase baixa.

Si no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar aos deuses e proseguir coa guerra de Troya, en esta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade a sociedade que la marxina.