Skip to main content
As Pontes

Ribadeume comeza hoxe as súas festas

Por 12 Agosto, 2023Sin comentarios

Ribadeume, nas Pontes, da comezo hoxe as súas festa na honra a Santa María e San Roque cunha misa solemne e procesión ás 13.00. 

A continuación terá lugar a sesión vermú a cargo do Trío CQC. A verbena da noite contará tamén coa actuación do Trío CQC ao que se unirá o Grupo Galia. 

O domingo día 13 a xornada dará comezo tamén ás 13.00 cunha misa e procesión para continuar coa sesión vermú amenizada polo dúo Caramba. 

A verbena da noite contará de novo coa actuación do grupo Caramba ao que se unirá Los Coleguitas. 

O martes 15 de agosto haberá unha sesión vermú a cargo do dúo Caramelo. 

Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto.