Skip to main content
Portomarín

Río Miño organiza en Portomarín a quinta edición da Foliada e cantos de taberna

Por 14 Xuño, 2023Sin comentarios

O colectivo Río Miño organiza este sábado, 17 de xuño, a V edición da Foliada e I Cantos de Taberna en Portomarín.

Arrancará esta celebración ás 18.30 horas coa concentración dos grupos na praza. Ás 19.00 horas darán comezo o cantos de taberna, nos que participarángrupos Rechouchios Taboada, a Asociación Cultural Val de Láncara,  Gaiteiros do Balado, Os Xílgaros De Lugo e a AC Río Miño.

Ás 21:30h. haberá unha cea, para todas as persoas que se acheguen á Praza do Camiño, que rematará cunha Foliada e culminará cunha sorpresa.

Participan neste evento un total de 14 locais de hostalaría da localidade.