Skip to main content
Samos

San Cristovo de Lóuzara, en Samos, celebra a primeira festa do ano no municipio

Por 23 Xaneiro, 2024Febreiro 16th, 2024Sin comentarios

O vindeiro 3 de febreiro o Concello de Samos acolle as grandes festas da súa parroquia de San Cristovo de Lóuzara na honra á Virxe das Candelas.

Así, comezan as festas neste municipio da comarca de Sarria, onde veciños e veciñas poderán desfrutar da gastronomía, a música e a troula.

Ademais, haberá unha misa ás 19.30 horas, seguida dunha pancetada para todo aquel que se achegue, rematando a tarde coa música da solista Natalia.