Skip to main content
Vilalba

Santa Comba celebra as súas festas esta fin de semana

Por 11 Maio, 2023Sin comentarios

Os días 13 e 14 de maio, Santa Comba, en Vilalba celebra as súas festas parroquiais.

O sábado o día comezará cunha misa ás 13.30 para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Acorde.

A verbena da noite tamén contará coa actuación da orquestra Acordes acompañada polo grupo Satélites.

O domingo a misa será ás 13.30 e o vermú estará amenizado pola orquestra Escaparate que será a encargada tamén de por a música na verbena da noite.

A organización informa que o campo estará cuberto con carpa.