Skip to main content
Antas de Ulla

Santa Cristina de Areas celebra as súas festas esta fin de semana

Por 20 Outubro, 2022Sin comentarios

A parroquia de Santa Cristina de Areas celebra as súas festas na honra a San Lucas esta fin de semana. 

As celebracións darán comezo o sábado 22 ás 13.00 cunha misa e procesión. A continuación a charanga Eravisto amenizará unha sesión vermú.

A verbena da noite dará comezo ás 22.30 a cargo da orquestra Principal e da charanga Eravisto. A festa rematará coa disco móbil Eravisto.

O domingo 23 haberá dúas misas, unha ás 12.00 e outra ás 13.00 que contará coa actuación dun coro e procesión. Para rematar as festas a sesión vermú do domingo estará a cargo da banda de música de Antas de Ulla.