Os veciño de Triacastela poden gozar do castañazo que organizan en Santalla de Alfoz este sábado 4 de novembro co que pretenden despedir o verán.
A programación comeza ás 20.00 horas cos tambores e gaitas dos Terribles de horto vello e Os teceláns. A partir das 21.30 dará comezo a cea popular a base de frebas, touciño, chourizo, viño e auga. Ademais haberá unha degustación de castañas.
Ás 23.00 horas dará comezo o baile con Magali Piedra o e dúo Reflejos. Ademais os máis cativos tamén teñen un oco na festa que contará con xogos para que gocen.