Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Saúde Mental A Mariña desenvolverá o programa Velando pola miña saúde integral III

Por 18 Abril, 2022Abril 19th, 2022Sin comentarios

Fotografía da educadora social que desenvolve o Programa nun dos talleres de educación para a saúde

A Asociación Saúde Mental A Mariña recibiu unha subvención para desenvolver o Programa Velando pola miña saúde integral III durante o ano 2022.

Este programa está a ser cofinanciado, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, pola Secretaría Xeral da Igualdade a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2021.

O obxectivo polo que se está a traballar é prestar apoio ás usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde.

Esto permite á entidade dar continuación a un programa que brinda un apoio que resulta fundamental para elas e que contribúe significativamente na mellora da súa calidade de vida.

Entre as as actuacións que se están a desenvolver atópanse os acompañamentos en citas médicas e talleres de educación para a saúde entre outras.