Skip to main content
Muras

Silán, en Muras, celebra as súas festas a fin de semana do 7 e 8 de outubro

Por 3 Outubro, 2023Sin comentarios

A Comunidade de Montes de Silán, en colaboración co Concello de Muras, celebra as súas festas na honra a San Estevo e á Virxe de Fátima a fin de semana do 7 e o 8 de outubro.

O sábado haberá, ás 13.00 horas, misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Suavecito, grupo que volverá tocar pola noite na verbena xunto á Oca Band.

O domindo, a xornada relixosa será á mesma hora e, nesta ocasión, a sesión vermú prolongada será amenizada pola orquestra Stereo.

As festas están organizadas pola Comunidade de Montes de Silán en colaboración co Concello de Muras.