Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Simón Lamas renova á fronte do Vilalbés

Por 19 Xuño, 2021Sin comentarios

O Rácing Club Vilalbés comunicou esta semana a renovación por unha tempada máis do adestrador do máximo equipo, Simón Lamas, que compite na Terceira División.

Con esta renovación, Lamas, cumplirá a cuarta tempada defendendo as cores verdivermellas, polo que pasa a ser o adestrados de máis lonxevidade no club, malia ser un dos máis mozos.

“Agardamos que a tempada 21/22 nos permita volver a todos á ansiada normalidade e que poidamos desfrutar sen incidencias”, din dende a directiva.