Skip to main content
Vilalba

Soexo, en Vilalba, celebra a Festa da Xuventude este sábado

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Soexo celebrará as súas festas patronais o sábado 23 de febreiro na honra a Sangrada Familia combinada coa Festa da Xuventude. A festividade arrincará ás 13.00 horas coa misa solemne con procesión e seguida da sesión vermú, que estará a cargo do trío Los Adrianos.

O acto central será unha comida veciñal para todos os asistentes que terá un prezo de 30 euros por persoa e estará servida por Bar Fénix. Para os nenos menores de 12 anos será gratis. O menú consistirá en xamón comido, polbo á feira, churrasco mixto, sobremesa, viño, café a chupito. Para a cena haberá pinchos variados na barra.

Finalmente a festa rematará coa verbena que estará a cargo da orquestra París de Noia e Los Satélites nun campo da festa que estará cuberto con carpa climatizada e no que tamén haberá colchonetas de balde para a mocidade.