Skip to main content
As Pontes

Super F presenta nas Pontes o seu terceiro traballo

Por 16 Febreiro, 2024Sin comentarios

Jenel Vérez, Carlos Moreno e César Yáñez, Super F, presentan este sábado no Auditorio Cine Alovi o seu novo disco tras dez años de parón pero non de silencio, tocando por moitos escenarios tributos a Hendrix.

A nova obra chámase Puñales, e poderá desfrutarse desde ás 10.00 horas cun prezo de 5 euros.

Recuperan desde modo o rock clásico no que é o seu terceiro traballo, despois de Sin aliento e Canciones Incendiarias.

O EP completo saiu publicado onte ne plataformas e tamén poderá escoitarse en CD e vinilo. Son cinco cancións de música con enerxía e sentimento que mesturan blues, rock e pop, todas con letras en castelán.