Skip to main content
Axenda Caducada

Tarabela Creativa achega A Pobra do Brollón a súa obra

Por 25 Abril, 2021Abril 29th, 2021Sin comentarios

Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde xúntanse nun espectáculo de narración oral cunha selección variada de historias baixo o título Sentido Común.

Nesta obra a risa dá para moito e durante a sesión, escoitaranse contos de xente común e corrente, mostrando que todas teñen que contar, e tamén contos nos que se aplica ou nos que falta o menos común dos sentidos.

Este espectáculo é para público adulto e chega da man de Tarabela Creativa. Será o día 29 de abril na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón ás  20:00 horas.