Skip to main content
Lugo

Tradescola celebra esta tarde un Folión de Entroido polas rúas da cidade

Por 14 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Tradescola organiza esta tarde unha nova actividade propia das datas do entroido que consistirá nun Folión que partirá do Centrad ás 17.00 h. e onde os alumnos e alumnas irán marcando os ritmos característicos do Folión.

Faranse paradas en distintas rúas e prazas do centro da cidade e realizaranse pequenas intervencións con bailes e cantos típicos do entroido.

Con esta saída polo centro da cidade dende Tradeescola pretende que “todo o público lle de a benvida ao Entroido e poda participar de maneira activa acompañando os toques do folión e facendo posible que unha das tradicións máis fermosas do tempo de Entroido, e que é unha parte moi importante do noso patrimonio cultural, permaneza viva ao longo do tempo”.

O percorrido previsto será a saída do Centrad ás 17.00 para continuar polas rúas Montevideo, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raiña  e remate na Praza Maior.