Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca TERRACHÁXADeportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Troitas Bravas, da Pontenova, encabeza a clasificación por equipos da cuarta xornada de billarda

Por 16 Novembro, 2022Sin comentarios

A 4ª xornada da LNB, desarrollouse no campo de fútbol de Nadela, donde se deron cita 86 palanadores de tódalas idades (53 homes, 20 donas e 11 cativos).

As previsións de auga non se cumpriron e tampouco arredaron aos valentes palanadores que puntualmente  se achegaron ao campo de batalla (deportiva se entende) para rematar unha xornada histórica.

Histórica foi para Castiñeiro Milenario que estrea podio con Pablo Lobo aubeando no mais alto e ca consolidación do equipo anfitrión Madia Leva, como equipo revelación, que tenta achegarse aos tres dominadores da liga. Hoxe foron segundos a tan so catro puntos dos  Troitas Bravas que gañaron  e un punto por riba dos terceiros, os Carabullo.

Estranamente as grandes estrelas da liga Norleste, hoxe estiveron mais apagadas e non se luciron nas puntuacións e en consecuencia, houbo bailes entre os dez primeiros clasificados da xeral, ainda que non moi significativos.

A Pablo Lobo (23 puntos), acompañouno Chousa como segundo e Alvariño foi terceiro. En donas, Geni (Billardeiros Musicais) foi a millor da xornada, a local Ana segunda e Irea (Carabullo) terceira. Na categoria infantil,  Antía (Troitas Bravas) colouse meritoriamente entre as figuras locais Mateu e Diego.

Os anfitrións Madía Leva tiñan dispostos uns artísticos e artesanais agasallos que entregaron aos tres primeiros clasificados e máis o equipo da xornada.

A seguinte xornada está programada para o 26 deste mismo mes en Mondoñedo. Un sábado no que tentarán comezar ás 15.00 horas para non ter que rematar cos fachos acesos.

As clasificacións logo desta xornada quedan deste xeito:

Individual:

  • Charli (Carabullo) 79 p
  • Daniel (Billardeiros Musicais) 75 p
  • Gundar (Madia Leva) 79 p
  • Muriedo (Remourelle Bulls) 79 p
  • Sachas (Troitas Bravas) 79 p

Donas:

  • Aroa (Billardeiros Musicais) 63 p
  • Geni (Billardeiros Musicais) 48 p
  • Ana (Madia Leva) 39 p

Equipos:

  • Troitas Bravas de A Pontenova 304 p.
  • Carabullo de Ponte de Outeiro 303 p
  • Billardeiros Musicais de Ribadeo 296 p

Infantís:

  • Mateu (Madia Leva) 56 p
  • Diego (Madia Leva) 45 p
  • Antía (Troitas Bravas) 27 P