Skip to main content
Axenda CaducadaXove

Ugía Pedreira estará mañá en Xove

Por 21 Xullo, 2022Xullo 22nd, 2022Sin comentarios

A compositora e intérprete, natural de Vilaronte no Concello de Foz, Ugía Pedreira, visitará Xove o venres 22 de xullo ás 20.00 horas.

Así, fará gozar co seu novo disco e o seu debut en solitario, Segmento Cantábrico, será no Lugar das Marías e a entrada ten un prezo de 5 euros.

Segmento Cantábrico contén un elegante equilibrio entre instrumentos máis orgánicos combinados coa música electrónica vintage, achegando un minipoemario. Baixo ou título ‘Atalaia Norte’. O álbum mestura spoken word, poesía e canción, e ten alma de folk progresivo, «que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano». En canto ás letras, hai poemas da propia artista, do pintor vigués e afincado en Londres Enrique Gavilanes, de « Follas Novas» de Rosalía de Castro, da poeta laurentina Mariña Oural, de Carvalho Calero e Xela Arias, nun disco que propón «a música como curación».