Skip to main content
Sarria

UXT denuncia a situación dos traballadores encargados de recoller o lixo en Sarria

O sindicato UXT denunciou a situación de “precariedade” dos traballadores da empresa que se encarga da recollida do lixo en Sarria.

Así, desde o sindicato indícase que a maquinaria coa que se realizan as función de recollida está “obsoleta”, o que podería chegar a afectar á seguridade incluso dos máis de 15 traballadores que desenvolven os seus labores diarios no municipio.

Ademais, a situación laboral tampouco é mellor, xa que segundo indican desde UXT, as xornadas de traballo son continuas os 365 días do ano, sen deixar un descanso de 48 horas, polo que están pensando en poñer en marcha medidas xudiciais.

Pola súa parte, desde o Concello de Sarria explican que o contrato para a recollida de residuos sólidos urbanos, que caducou en 2020, o van sacar a licitación, para o que hai xa unha partida dos orzamentos gardada.