Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ventolín, Xiringüelo e Ras venceron nas regatas da fin de semana en Ribadeo

Por 14 Agosto, 2019Agosto 27th, 2019Sin comentarios

As embarcacións Ventolín, Xiringüelo e Ras venceron nas tres regatas da XXIX Semana Náutica Ría de Ribadeo que se disputaron a pasada fin de semana, dous delas o sábado e unha o domingo. O vindeiro sábado, 17 de agosto, celebrarase o acto de entrega de trofeos da XXIX Semana Náutica a partires das 20 horas nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo.

O sábado ao mediodía celebrouse o XXI Trofeo Deputación de Lugo de vela tradicional, que tivo que ser aprazado o venres polos fortes refachos de vento do sul que fixeron inviable a saída ese día. O sábado cunha mañá moi calma e un vento estable, as probas, con sete embarcacións na liña de saída, desenvolvéronse sen incidentes e na clasificación, despois de Ventolín quedaron ‘Nuevo Fuxo’ e Ras.

Na tarde do sábado, para disputar o VIII Trofeo Abanca de cruceiros, déronse cita na liña de saída once embarcacións, que sufriron as inclemencias dunha tarde inestable, cun vento cambiante e unha marexada do noroeste que fixo as delicias dos patróns e deu lugar a diversos incidentes de arrastre de balizas por conseguir esos preciosos segundos que poden dar a victoria, aínda a risco da descalificación. Os tres primeiros clasificados foron Xiringüelo, do Real Club Náutico de Ribadeo; Maremasma, do Club Náutico de Foz; e Bergamota, do club ribadense.

O domingo, nunha tarde de escaso vento, o que fixo que houbera que agardar unha hora para poder iniciar a regata, con 7 embarcacións en liña de saída celebrouse o I Trofeo Xunta de Galicia de vela tradicional. O final da proba, en medio dun forte chubasco, deu estes tres primeiros clasificados: Ras, Soplón e Monifacio.

O luns ás 17:00 horas disputouse o IV Trofeo Banco Sabadell Gallego de vela tradicional, que non puido celebrarse o pasado martes pola falta de vento.