Skip to main content
Lugo

Vespa Lugo organiza un paseo primaveral este domingo

Por 6 Maio, 2022Sin comentarios

O colectivo Vespa Lugo Equipo de Rescate organiza para este domingo, 8 de maio, un Paseo Primaveral, logo de dous anos sen poder realizalo, por mor da pandemia.

A entidade propón comezar a mañá na praza Horta do Seminario, en Lugo, onde se farán as inscricións dende as 9.00 horas. A continuación, en torno ás 12 do mediodía sairán todos xuntos en ruta cara Pena de Rodas, no Concello de Outeiro de Rei, co obxectivo de “tomar unhas tapitas” pola localidade. En torno ás 14 horas, retomarán a súa volta á capital para comer no Club de Golf de Lugo.

O roteiro suma ao redor de 45 quilómetros, que transcorrerán por estradas secundarias “para poder gozar do paseo”. Dende a organización, advirten a todos aqueles que leven remolque, que poderán estacionar sen problema no polígono das Gándaras, na parcela ao carón do Decathlon.

“A nosa intención é desfrutar todo o posible das Vespas e dos Amigos”, explican dende o colectivo.