Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Vilalvite, a primeira saída do verán do programa Friol, parroquia a parroquia

Por 19 Xuño, 2019Sin comentarios

A asociación Carballo Vivo de Friol retomará o programa Friol parroquia a parroquia este domingo 23 de xuño coa realización da primeira ruta, que terá lugar pola parroquia de Vilalvite.

A saída á mesma terá lugar ás 10.00 horas dende o cruce de Cotá cunha concentración previa ás 9.30 horas na praza da capitalidade.

O percorrido terá unha duración de 15 quilómetros e a organización prevé rematala sobre as 14.00 horas.

A organización recomenda usar calzado cómodo e impermeable, roupa deportiva e vara.

A ruta pretende percorrer a parroquia enlazando os diversos puntos singulares (históricos, culturais, etnográficos, patrimoniais…).

Tamén se aproveitará o percorrido para facer unha reportaxe gráfica e recoller historias e lendas contadas pola xente do lugar que, posteriormente, estarán dispoñibles no blog Algo máis que pan e queixo.