Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAQuiroga

Viño, moita música e actividades culturais serán as protagonistas da Feira do Viño de Quiroga

Por 14 Marzo, 2024Marzo 15th, 2024Sin comentarios

A XLII Feira do Viño de Quiroga presenta o seu amplo programa que se desenvolverá os días 29, 30 e 31 de marzo e que contará con Afra Blanco como pregoeira.

O amplo programa comezará antes da data indicada co concurso de tapas Val de Quiroga de Tapas, coa exposición de pintura “Contrastes” de Mercedes Mondelo e co desfile da Confraría do Viño de Quiroga.

O desfile da Confraría, que irá acompañado da música do grupo de gaitas O Recanto, terá lugar o sábado 23 de marzo, unha vez que se nomee o Gran Mestres da Confraría. Esta xornada rematará coa actuación de Xisco Feijoo.

O venres da Feira do Viño desenvolverase unha cata de viños da Ribeira Sacra, con inscrición previa e que rematará coa actuación musical de Mario Colomán & The Clocks Band.

O sábado dous actos marcarán a xornada. Pola mañá, o certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, e pola tarde, o pregón, que nesta edición correrá a cargo da sindicalista Afra Blanco, que tamén escollerá aos gañadores do tradicional concurso de camisetas.

Unha homenaxe aos viticultores coa escenificación teatralizada De pura cepa a cargo de Queimán e Pousa e a música dos grupos tradicionais Cantos da terra, Érbedo e O Recanto; así como a disco móbil LB e a Charanga Fuego encargaranse de animar o recinto feiral durante o sábado e o domingo.

Pero o que non faltará nesta XLII Feira do Viño de Quiroga será o viño, tanto branco como tinto. E disto encargaranse as 14 adegas participante nesta edición: Alma das Donas, Algueira, Atrium Vitis, EDV Viticultores, Alvaredos –Hobbs, Lar de Ricobao, Ponte da Boga, Rectoral de Amandi, Casa de Outeiro, Val de Quiroga, Adega Gullufre, Pazo de la Cuesta e Adamare Wines. Ademais da adega invitada que este ano ven dende a DO Valdeorras: Alan de Val.