Skip to main content
Axenda Caducada

Xornada cultural en Meira este sábado cun magosto, teatro e un concerto

Por 17 Novembro, 2021Novembro 20th, 2021Sin comentarios

Meira vivirá este sábado unha xornada cultural coa coincidencia de varias actividades. Así, por unha banda, a asociación cultural M de Meira organiza un magosto a partir das 18.00 horas na casa da cultura local, ao que están invitados todos os veciños e veciñas.

A programación completarase cunha representación de teatro familiar, que terá lugar ás 18.30 horas coa obra A Historia de Brancaflor, a cargo de Os Sete Magníficos máis un.

A parte musical estará ao cargo da a Asociación Musical Eco das Minas e A Chocolateira.

Paralelamente haberá un concerto, ás 20.00 horas, con motivo da celebración de Santa Icía. Estará ao cargo da Banda Municipal de Música e a Prebanda e será a partir das 20.30 horas na igrexa parroquial de Meira.