Skip to main content
ActualidadeMuras

Xornada micolóxica en Muras este sábado

Por 9 Novembro, 2018Sin comentarios

Este sábado, a partir das 10 horas e ata as 19.00, haberá unha xornada Micolóxica en Muras.

Haberá unha saída ao campo co fin de aprender a identificar as especies de fungos, ademais de poder asistir a unha exposición micolóxica. Por último haberá unha degustación.

Durante a saída ao campo, e se o tempo o permite, o xantar será campestre, e cada alumno será responsable do seu xantar.

Desde a asociación recomendan traer cesto, navalla e roupa axeitada para a camiñata.

As inscricións poden facerse chamando ao 9687.601.708 ou a través da Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga.