Skip to main content
Lugo

Xuvenlugo abre as súas portas de balde á mocidade este xoves

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

Xuvenlugo celebra este xoves 21 de decembro unha xornada de portas abertas gracias á Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A área de Mocidade da institución provincial permite a celebración dunha xornada de balde para que as familias que o desexen se acheguen á gozar desta cita do Nadal lucense.

As persoas que o desexen poden achegarse no horario de apertura, de 16:30 a 20:30 horas, para que os máis pequenos pasen unha xornada gozando das actividades pensadas para distintas idades como a ludoteca, dirixida a nenos e nenas de cero a sete anos, onde se desenvolverán xogos e talleres de animación xestionados por monitores e monitoras coa súa correspondente cualificación. O público dun rango de idade superior gozará dunha zona de videoxogos, dun campo interior de minigolf, dunha pista de slot (circuíto para coches de xoguete teledirixidos, semellante ao clásico Scalextric), dun rocódromo e dunha ampla variedade de atraccións e inchables.

A Fundación Feiras e Exposicións de Lugo abre ata o 7 de xaneiro no Pazo de Feiras Xuvenlugo que conta co apoio da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia provincial. Ademais das actividades habituais o 23 de decembro, Papá Noel irá recoller as cartas e escoitar os desexos dos nenos e nenas; mentres que o 4 de Xaneiro será un paxe dos Reis Magos o que visitará o recinto para tomar nota dos agasallos que deberán repartir días despois. Nos dous casos haberá unha ambientación adecuada para poder sacar fotos cos protagonistas.

O deputado de Mocidade, Daniel García, anima “a todas as familias a participar nesta xornada de balde nesta cita xa marcada na axenda dos lucenses máis pequenos. Xuvenlugo é unha oportunidade para gozar do tempo libre en espazos comúns e compartidos”.

Calendario, horarios e prezos

No mes de decembro, o salón poderá visitarse do 21 ao 23 e do 25 ao 30 e, xa en xaneiro, os nenos e nenas gozarán das actividades do día 1 ao 4 e o 6 e 7. O horario será de 16:30 a 20:30 e hai diferentes prezos: a entrada xenérica terá un custo de 7 euros; a de Concellos, Colexios e Asociacións (para un mínimo de 15 persoas) terá un importe 5 euros; e o bono para grupos de 10 persoas poderá adquirirse por un total de 60 euros. Todas as atraccións están incluídas, agás o minigolf, a pista de slot, a varredora e o rocódromo.