Skip to main content
Cultura TERRACHÁXARábade TERRACHÁXA

Os músicos renden homenaxe ao “Rei da Chaira” nas festas de Rábade co V CantámosCHA

Por 3 Agosto, 2017Agosto 10th, 2017Sin comentarios

A quedada de músicos profesionais ou afeccionados á música tradicional galega, CantámosCHA, chega á quinta edición durante as festas de Rábade.

A súa recepción celebrarase o venres 11 de agosto a partir das nove e vinte do serán para cantarlle e tocarlle catro pezas básicas ao Rei da Chaira: “O Caneco”, “Quen teña viño”, “Muiñeira de Lugo” e “Muiñeira de Santo Amaro”.

Tódolos e tódalas participantes recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa en sinal de agradecemento por ter acompañado a tan insigne e festeiro personaxe que asistirá tamén á Descarga da Peña O Foguete cun percorrido entre a Casa do Concello ata Cantalarrana o último días festas, o martes 15 de agosto, ás seis da tarde.

É imprescindible que tódolos e tódalas participantes se inscriban previamente a través do enderezo electrónico rabade1925@gmail.com indicando nome, apelidos, lugar de procedencia, instrumento e talla de camiseta.

Colaboran o Concello de Rábade, Estoupacaldeiros Rábade e a Asociación Músico Crisanto.